¡Benvidos á miña casa!
Chámome Michaël
e nacín o 25 de setembro de 1975 en Saint-Junien,
Lemosín. Son á vez occitano, francés e europeo. Reivindico as tres
nacionalidades. A última, que é tamén a máis recente, deféndoa con todo
o entusiasmo de quen sabe o prezo de vivir en paz no continente
culturalmente máis rico e variado do mundo, que necesitou dúas guerras
tan vergonzosas como mortais para darse conta que só a unión e o pan
fan ás familias felices. Son tamén un neno da República á cal admiro,
porque lla gañaron con sangue e fe de patriotas mil veces máis nobres
que os que atoparon a guillotina vengativa, aínda que foron os
Revolucionarios quen empezaron a discriminación constitucional contra
os supostos dialectos, aqueles falas provinciales indignos de ser
respectados. En canto aos países de Òc, onde vivo desde sempre, menos
os cinco anos marabillosos que pasei en Escocia e Irlanda, eles son a
terra do meu corazón, o sol nos meus sorrisos, o sal nas miñas bágoas e
o eco da miña voz. Habitei en Rochechouart, en Sanguinet, preto de
Biscarosse, en Mollégès, en Provenza, en Albi, en Vichy, en Rodez, de
onde escribo estas liñas, e xa me esquezo de media ducia máis...
Estudei en Toulouse; fixen o meu servizo militar en Montauban; cheguei
a ser un soldado paracaidista en Pau, pero con todo o único idioma que
eles me ensinaron na escola foi o de Molière, ¡un parisiense! É verdade
que mossú Poquelin foi un xenio do teatro, non digo o contrario, pero
tamén é verdade que os señores Mistral, Rouquette ou Boudou non son
escritorzuelos. Hoxe en día, grazas ao prestixio dun premio Nobel e ao
apoio inapreciable dos nosos irmáns cataláns, tamén a Louis Alibert e
aos esforzos do IEO para unha normalización ortográfica e gramatical,
de Bayonne a Limoges pasando por Montpellier, espertouse un gran pobo
de paixón e xenerosidade, e as notas
do "Se Canta"
e a "Copa santa"
resoan orgullosamente na boca dos nenos dos trobadores... ¡Entón sexan
benvidos á miña casa, a casa dunha nación sen fronteira, ao chan
sagrado do
gai saber,
do
paratge
e da
fin'amor,
a Occitania, cuxa alma
é eterna!